PUBLICIDADE

A Xunta executa melloras na AC-564 na Capela, Cabanas e As Pontes

PorBisbarra

Mércores, 14 Maio 2025 , , , ,
Martina Aneiros, Fernando Couce e Begoña Freire visitaron as obras na AC-564.Martina Aneiros, Fernando Couce e Begoña Freire visitaron as obras na AC-564.

A Xunta de Galicia está a executar melloras na pavimentación da estrada AC-564, ao seu paso polos municipios de Cabanas, A Capela e As Pontes. Para supervisar o avance das obras, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o alcalde de Cabanas, Fernando Couce; e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire visitaron a zona.

Actualmente estase a actuar nun tramo do Concello de Cabanas. Alí, estase a proceder á rehabilitación superficial localizada do firme da estrada, restaurando e mellorando as características superficiais do pavimento, adecuándoas as súas necesidades funcionais e de durabilidade. Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, os sistemas de contención e o balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

A delegada territorial lembrou que esta é unha das tres estradas autonómicas da área da Delegación que a administración autonómica acondicionou nos últimos meses. Ademais da AC-564, realizáronse obras na AC-112 e a AC-110, que discorren polos concellos das San Sadurniño, Narón, Cerdido e As Somozas. O investimento conxunto ascende a máis de 1,7 millóns de euros.

PUBLICIDADE

Aneiros lembrou que o Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios. Con este fin, incrementando este ano en máis dun 30% as partidas destinadas a súa conservación, superando os 68 millóns de euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.