PUBLICIDADE

A Xunta investirá 170.000 euros na rehabilitación do centro de especialidades e PAC de Ourense

PorBisbarra

Mércores, 14 Maio 2025 , , ,
O obxectivo é mellorar a impermeabilización do centro.O obxectivo é mellorar a impermeabilización do centro.

A Xunta vén de licitar a obra de rehabilitación de cuberta e fachadas do centro de especialidades e Punto de Atención Continuada de Ourense. O contrato licítase por importe de 173.547 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 30 de maio para presentar as súas ofertas.

As obras licitadas centraranse en aumentar a impermeabilidade do centro asistencial. Neste sentido, as fachadas exteriores presentan deficiencias que provocan unha maior presenza de humidades. Así pois, a oxidación dos materiais e a cuberta actual non garante unha boa estanquidade do edificio.
Os traballos consistirán na substitución do material das fachadas e na reposición da cuberta para mellorar a conservación deste centro de especialidades e punto de atención continuada.

O contrato prevé un prazo máximo de execución dos traballos de tres meses, contados desde a súa formalización.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.