PUBLICIDADE
Representantes institucionais, deportistas e técnicos da Escola Ayude e do Club Artai durante o I Encontro de Combatlon no Pereiro de AguiarRepresentantes institucionais, deportistas e técnicos da Escola Ayude e do Club Artai durante o I Encontro de Combatlon no Pereiro de Aguiar

Os deportistas da Escola Ayude e do anfitrión Club Artai mostraron as súas habilidades técnicas e disputaron un enfrontamento mixto nesta nova disciplina que combina esgrima, loita e kickboxing

Os deportistas e os técnicos da Escola Ayude do Concello de Santiso desprazáronse ata o municipio ourensán do Pereiro de Aguiar para tomar parte no I Encontro de Combatlon, unha nova disciplina deportiva que se disputa nas modalidades de esgrima, loita olímpica e kickboxing, organizado conxuntamente pola Federación Galega de Combatlon e o anfitrión Club Artai.

Durante este I Encontro de Combatlón os deportistas da Escola Ayude e do Club Artai mostraron as súas habilidades nesta nova especialidade, os de Santiso dirixidos polos técnicos Arón, Cora e Nahum Ayude. Tras a demostración, os combatletas de tan só 10 anos, Nico e Felisa, tiveron un enfrontamento mixto que se decantou para o primeiro por un axustado 2-1.

Este I Encontro de Combatlon, que se desenvolveu no pavillón de deportes do Pereiro de Aguiar, contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Francisco González Fraga, e co representante da Deputación de Ourense, Diego Enríquez Álvarez, aos que José Ayude agradeceu o convite, o seu apoio e o recibimento que tiveron durante o encontro.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.