PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta financia con 75.000 euros a reforma dos vestiarios do viveiro industrial das Somozas

PorBisbarra

Martes, 5 Novembro 2024 , , ,
A delegada territorial da Xunta en Ferrol e o alcalde das Somozas visitaron o viveiro do polígono industrial.A delegada territorial da Xunta en Ferrol e o alcalde das Somozas visitaron o viveiro do polígono industrial.

A Xunta achega 75.000 euros para reformar e dotar de equipamento de vestiarios e sanitarios comúns ao viveiro industrial do polígono das Somozas. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde da localidade, Juan Alonso Tembrás, visitaron as instalacións onde se vai a acometer a actuación. Así pois, o municipio benefíciase da liña autonómica para a creación, reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais en parques empresariais galegos da Consellería de Economía e Industria.

O proxecto da administración local está valorado en preto de 100.000 euros. Así pois, permitirá crear unha zona de vestiarios separada por xéneros e de uso común, que estará comunicada coas distintas naves do viveiro. O prazo de execución dos traballos é de seis meses.

A delegada territorial destacou que, a través desta convocatoria, o Goberno galego apoia a creación de novos viveiros e a mellora daqueles que xa están operativos en Galicia, como é o caso do das Somozas. “O obxectivo é xerar unhas condicións e uns servizos óptimos que fagan máis atractiva a implantación inicial e a consolidación das empresas nas súas primeiras etapas”, indicou Aneiros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Lembrou que este ano a Xunta destinou 1,5 millóns de euros a esta orde de axudas que, como novidade, incorporou a posibilidade de levar a cabo actuacións de dotación ou reforma de equipamentos e infraestruturas nos viveiros industriais que actualmente están en funcionamento.

O viveiro industrial das Somozas creouse no ano 2020 ao amparo desta convocatoria de axudas da Consellería de Economía e Industria. Neste sentido, a Xunta apoiou a súa constitución cunha achega de case 219.000 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.