PUBLICIDADE

A Xunta impulsa o consumo de leite e froita en 23 centros educativos de Ferrolterra

A Xunta contou este ano cun orzamento de máis dun millón de euros para o programa de distribución de froita, leite e castañas.A Xunta contou este ano cun orzamento de máis dun millón de euros para o programa de distribución de froita, leite e castañas.

Un total de 23 centros educativos de Ferrolterra son beneficiarios este curso do programa de distribución de leite, froita fresca e castañas nas escolas da Consellería do Medio Rural. Nesta liña, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, visitaron o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, en Ferrol.

As persoas beneficiarias destas axudas son o alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP de grao medio. “A través desta liña de subvencións, o Goberno galego pretende potenciar o consumo de froita e leite entre os nenos e mozos”, explicou Aneiros. Así, foméntase a creación de hábitos alimenticios saudables e o consumo de produtos de proximidade.

A delegada territorial destacou que a convocatoria destas axudas para o curso 2024-2025 acadou na zona un investimento próximo aos 55.000 euros e beneficia a uns 4.200 estudantes.

PUBLICIDADE

A visita coincidiu co inicio do segundo período de reparto. Neste sentido, establécense dous períodos de reparto autorizados cada curso, un de novembro a febreiro e outro de marzo a xuño. Deste xeito, a distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo en cada ciclo durante dez días lectivos consecutivos. No caso do leite, terá lugar durante un mínimo de dez días lectivos seguidos.

Esta orde de subvencións contou este ano cun orzamento superior ao millón de euros para toda Galicia e está financiada ao 100% con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.