PUBLICIDADE

A Xunta inviste 12.000 euros no local social Santa Uxía de Mandiá

Dende 2020, a asociación veciñal leva percibidos máis de 32.000 euros en axudas deste programa da Xunta.Dende 2020, a asociación veciñal leva percibidos máis de 32.000 euros en axudas deste programa da Xunta.

A Xunta de Galicia investiu 12.000 euros no local social da asociación veciñal Santa Uxía de Mandiá, no Concello de Ferrol. Así pois, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o lugar para supervisar o resultado dos traballos acometidos con cargo á subvención do Plan específico de acción comunitaria que concede a Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes.

Máis en detalle, a entidade empregou a axuda para substituír as carpinterías metálicas do local social, catro portas e unha fiestra, por outras de PVC con rotura de ponte térmico. O obxectivo era mellorar o confort do inmoble, tanto a nivel de illamento térmico como acústico, e mellorar tamén a eficiencia enerxética do mesmo.

A asociación veciñal Santa Uxía de Mandiá é unha das 16 asociacións veciñais da área territorial beneficiarias en 2025 das axudas do Plan específico de acción comunitaria. A través deste, o Goberno galego expresa o seu compromiso co asociacionismo local, deixando unha achega de 146.456 en subvencións na zona. A través deste programa, que xestiona de maneira directa a Dirección Xeral de Administración Local, a entidade veciñal leva percibidos máis de 32.000 euros en axudas desde o ano 2020.

PUBLICIDADE
A Xunta subvencionou a substitución das carpinterías metálicas para mellorar a eficiencia enerxética.
A Xunta subvencionou a substitución das carpinterías metálicas para mellorar a eficiencia enerxética.

O Plan específico de acción comunitaria, creado en 2016, estivo dotado o pasado ano con catro millóns de euros. Isto supón un millón máis que a convocatoria de 2024, cun incremento do 33,3% para estas subvencións anuais. Destínanse 3,4 millóns de euros para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade. Asemade, tamén se adica a obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas. Finalmente, os restantes 600.000 euros destínanse á adquisición de equipamento.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.