PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta inviste 1,5 millóns de euros no firme de tres estradas autonómicas de Ferrolterra

PorBisbarra

Venres, 27 Setembro 2024 , ,
Martina Aneiros visitou as obras na AC-564, unha das tres estradas na que a Xunta está a realizar melloras en Ferrolterra.Martina Aneiros visitou as obras na AC-564, unha das tres estradas na que a Xunta está a realizar melloras en Ferrolterra.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprobou o desenvolvemento dos traballos de mellora do firme na estrada autonómica AC-564. A maiores, a Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas está a executar a rehabilitación das estradas AC-110 e AC-566.

No caso da AC-564, as obras abarcan dous tramos ao seu paso polos municipios da Capela e As Pontes. A actuación estase a desenvolver entre os puntos quilométricos 16+450 e 26+150. Así pois, o proxecto forma parte dun contrato de acondicionamento no que tamén se inclúen as estradas AC-566, entre Valdoviño e Cedeira; e AC-110 no seu percorrido entre Cerdido, Moeche e As Somozas. O orzamento conxunto da intervención nas tres estradas ascende a 1,5 millóns de euros.

As obras van orientadas á rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación e a seguridade viaria nas tres estradas. En función da necesidade de cada actuación executaranse fresados de maior calado. Así mesmo, valorarase o número de accesos a vivenda, aparcamentos ou bordos nos que a rasante da estrada se atrope elevada por anteriores actuacións.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Finalmente, as obras completaranse co pintado da sinalización horizontal nos treitos de actuación e os tramos de barreira de seguridade que sexa preciso. Ademais procederase ao repintado en ambas sentidos das estradas AC-110, entre os puntos quilométricos 10+750 e 10+900 e 18+320 e 18+420. No caso da AC-566, entre os puntos 2+220 e 2+750.

“Con estes traballos que estarán concluídos este mesmo ano, o Goberno galego continúa a traballar no mantemento das vías de titularidade autonómica coa fin de mantelas nas mellores condicións, garantindo a seguridade dos usuarios e grazas a un investimento global de 53 millóns de euros”, remarcou a delegada territorial.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.