PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

San Sadurniño integrarase na Rede de Municipios pola Agroecoloxía

O pleno de San Sadurniño aprobou a incorporación á Rede de Municipios pola Agroecoloxía e a Conta Xeral de 2023.Sadurniño aprobou a incorporación á Rede de Municipios pola Agroecoloxía e a Conta Xeral de 2023.

O Concello de San Sadurniño aprobou en pleno a integración da localidade na Rede estatal de Municipios pola Agroecoloxía. Así, resolveuse cos votos a favor de todos os grupos políticos municipais.
Trátase dunha entidade aberta a concellos, mancomunidades e entidades públicas e privadas. Neste sentido, funciona como punto de encontro e intercambio de ideas de cara ao desenvolvemento de accións relacionadas coa soberanía alimentaria e o desenvolvemento sostible.

Segundo a administración local, San Sadurniño integrarase nesta rede de ámbito estatal como continuación das políticas aliñadas que xa se están poñendo en práctica. Como exemplo, salientan o centro de transformación A Fusquenlla, a horta de conservación de froiteiras ou os programas feirais e formativos relacionados co sector primario.

SAN SADURNIÑO APROBA A CONTA XERAL DE 2023

No pleno municipal tamén se aprobou a Conta Xeral de 2023, pechada con 573.977,36 euros de fondos líquidos. Así mesmo, os remanentes de tesouraría para novos investimentos ascenden a 526.531,13 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nesta liña, o Goberno local destacou a “alta execución” orzamentaria e a “boa situación financeira” o consistorio. Non obstante, á hora da votación, os grupos municipais do PP e o PSOE optaron pola abstención.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.