PUBLICIDADE

A Xunta inviste 17.000 euros na accesibilidade dunha asociación veciñal de Monfero

A Xunta outorgou unha axuda de 12.000 euros para obras de acondicionamento e outra de 5.000 euros para equipamento.A Xunta outorgou unha axuda de 12.000 euros para obras de acondicionamento e outra de 5.000 euros para equipamento.

A Xunta de Galicia investiu 17.000 euros nas obras de mellora da accesibilidade da asociación veciñal Santa María de Vilachá, no Concello de Monfero. Así pois, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse ao local para comprobar o resultado dos traballos. Estes foron acometidos con cargo ás axudas do Plan específico de acción comunitaria que concede a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Neste caso a entidade percibiu dúas subvencións por un valor de 17.000 euros. A primeira, de 12.000 euros para a execución de obras de acondicionamento; a segunda, de 5.000 euros para equipamento.

Concretamente, a entidade construíu unha rampla na entrada do local coa finalidade de facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida. Tamén se repararon as instalacións de fontanería e electricidade e se construíu un novo baño accesible. Ademais dotouse o centro de novo mobiliario e equipamento informático e audiovisual, coa previsión de impartir cursos de iniciación á informática.

PUBLICIDADE
A Xunta outorgou unha subvención de 5.000 euros para a adquisición de equipamento.
A Xunta outorgou unha subvención de 5.000 euros para a adquisición de equipamento.

A asociación veciñal de Santa María de Vilachá é unha das 16 da área territorial beneficiarias este ano das axudas do Plan específico de acción comunitaria. A través desta liña, o Goberno galego expresa o seu compromiso co asociacionismo local, deixando unha achega de 146.456 en subvencións na zona.

A XUNTA ADICA 4 MILLÓNS AO PLAN ESPECÍFICO DE ACCIÓN COMUNITARIA

O Plan específico de acción comunitaria, creado en 2016, está dotado este ano con catro millóns de euros. Isto supón un millón máis que a convocatoria do ano pasado, cun incremento do 33,3%  para estas subvencións anuais.

Neste sentido, destínanse 3,4 millóns de euros para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade. Asemade, para obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas. No tocante aos restantes 600.000 euros, adícanse á adquisición de equipamento.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.