PUBLICIDADE

Xanelas do Nadal volve un ano máis a Ortigueira en decembro fomentando as relacións entre a veciñanza

A xanela número 22, Porto de Espasante, durante a súa inauguración na edición do ano pasado de Xanelas do NadalA xanela número 22, Porto de Espasante, durante a súa inauguración na edición do ano pasado de Xanelas do Nadal

Cada unha das xanelas decoradas irase acendendo, como un calendario de advento, desde o 1 de decembro ata Noiteboa, e o prazo de inscrición remata o 28 de novembro

Xanelas do Nadal volve un ano máis ao concello de Ortigueira, unha iniciativa que pretende fomentar a relación entre a veciñanza os días previos ás celebracións do Nadal. As persoas interesadas en participar deben decorar e iluminar unha xanela da súa casa e “inaugurala” o día que lles toque.

A inauguración das Xanelas consiste nunha invitación xeral a todos aqueles que se queiran achegar a compartir unha bebida e algo de picar, na medida das posibilidades de cada anfitrión. Tamén poden participar, asociacións, colectivos, comerciantes e comunidades de veciños.

As xanelas iríanse iluminando por números, ata completar o calendario de advento desde o 1 de decembro ata noiteboa. Para inscribirse e ser persoa anfitrioa, as persoas interesadas teñen que chamar de luns a venres á oficina de turismo: 981 422 089; ou ao Concello: 981 400 000, 981 400 001; e preguntar por Lupe. O prazo para inscribirse finaliza o próximo 28 de novembro.

PUBLICIDADE

Desde o Concello ortegano anímase a todos os veciños e veciñas do municipio a compartir e a dar luz e cor á entrada do Nadal. Como en anos anteriores lémbrase que esta actividade é un proxecto veciñal, en pode participar calquera veciño ou veciña que o desexe.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.