PUBLICIDADE

Mugardos avanza coa expropiación no Monte para a ampliación do saneamento

PorBisbarra

Venres, 14 Novembro 2025 , , ,
Tras a sinalización das parcelas afectadas, Mugardos licitará as obras, que se executarán na primeira metade de 2026.Tras a sinalización das parcelas afectadas, Mugardos licitará as obras, que se executarán na primeira metade de 2026.

O Concello de Mugardos continúa avanzando no proxecto de expropiación forzosa dos terreos necesarios na zona do Monte, en Santiago de Franza. A finalidade é executar a ampliación da rede municipal de saneamento de augas residuais, tras a declaración de urxencia aprobada pola Xunta de Galicia mediante o Decreto 44/2025, do 9 de xuño de 2025.

A actuación responde á necesidade de dotar de servizos de saneamento a pequenos núcleos de poboación e enlazalos coa rede municipal de saneamento. Así, cumprirase a Directiva 91/271/CEE sobre tratamento de augas residuais urbanas.

O concelleiro de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Jorge Manuel Kuntz Peiteado, sinalou que “coa firma do decreto de urxencia pola Xunta de Galicia, estamos en posición de actuar con maior rapidez para garantir que esta infraestrutura esencial chegue ás parcelas afectadas”.

PUBLICIDADE

Un dos próximos pasos do proceso consiste na sinalización das parcelas afectadas. A continuación licitarase a obra, que se pretende executar na primeira metade do ano 2026. O goberno municipal de Mugardos reafirma o seu compromiso coa mellora da rede de saneamento, a sostibilidade do municipio e a calidade de vida da súa cidadanía, avanzando con planificación, coordinación interadministrativa e transparencia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.