PUBLICIDADE

A Xunta inviste 449.000 euros no obradoiro Inicia VIII en Fene

O obradoiro forma a 13 alumnos de entre 18 e 30 anos en situación de desemprego.O obradoiro forma a 13 alumnos de entre 18 e 30 anos en situación de desemprego.

A Xunta financia con 448.967 euros o Obradoiro de Garantía Xuvenil Inicia VIII, no Concello de Fene. Trátase dun programa para mozas e mozos en situación de desemprego que se desenvolve actualmente. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitaron aos 13 alumnos do obradoiro, incluído no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Durante a visita tamén estivo presente a nova alcaldesa de Fene, Sandra Permuy.

O obradoiro impártese na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial. Aneiros puido comprobar o grao de satisfacción dos participantes coa iniciativa. Así mesmo, animounos a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as súas posibilidades de empregabilidade.

Os participantes, mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, completarán a súa formación teórica cunha parte práctica. Máis en concreto, realizarán actuacións de mellora das dotacións públicas dos municipios participantes; Fene, Ares, Cabanas e Mugardos. Algúns exemplos son a instalación de tubos para conformar varandas en Ares, a confección dunha base modular para escenario en Cabanas ou a execución de recintos para colectores de recollida de lixo en Mugardos.

PUBLICIDADE

A delegada territorial aproveitou a ocasión para poñer en valor o compromiso da Xunta coa xeración de emprego nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Ademais, resaltou a formación das persoas en situación de desemprego a través de programas como o que se está a impartir en Fene. Neste sentido, destacou que está “orientado a cubrir as demandas reais do entorno o que permite unha integración laboral máis alta”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.