PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta inviste máis de 175.000 euros no CEIP plurilingüe Centieiras de Fene

Martina Aneiros e Juventino Trigo visitaron o CEIP plurilingüe Centieiras.Martina Aneiros e Juventino Trigo visitaron o CEIP plurilingüe Centieiras.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde de Fene, Juventino Trigo, visitaron o CEIP plurilingüe Centieiras. Neste centro a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP acometeu actuacións de acondicionamento por máis de 175.000 euros.

A maior parte do investimento, 137.500 euros, foi destinado á instalación dun ascensor coa fin de mellorar a accesibilidade do centro. A actuación levouse a cabo este verán e está á espera das licenzas pertinentes para a súa posta en funcionamento. Así mesmo, completouse coa construción dunha rampla e o acondicionamento de dous baños accesibles.

A maiores, nos últimos días concluíron os traballos de reparación de humidades dunha das fachadas e levouse a cabo unha inspección das instalacións eléctricas para adaptalas á normativa vixente.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A delegada territorial lembrou que a Xunta traballa por ofrecer unha educación pública de calidade “e isto pasa por mellorar o nosos centros educativos e garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”.

Esta intervención está incluída dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para a modernización dos centros educativos. Neste ámbito, en Ferrolterra recolle actuacións por valor de 14,3 millóns de euros. Ademais de pequenas e medianas intervencións, como a acometida no CEIP plurilingüe Centieiras, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica recolle actuacións actualmente en marcha. Exemplos son a ampliación do CPI As Mirandas, que conta cun investimento de 3,1 millóns de euros, ou a comprometida rehabilitación integral do CIFP Leixa, valorada en 2 millóns de euros, entre outras.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.