PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta licita a redacción dos proxectos de 116 vivendas de promoción pública no Bertón

PorBisbarra

Mércores, 2 Outubro 2024 , ,
A Xunta investirá 913.575,20 euros na redacción dos proxectos e dirección de obras para a construción de 116 vivendas de promoción pública no polígono ferrolán.A Xunta investirá 913.575,20 euros na redacción dos proxectos e dirección de obras para a construción de 116 vivendas de promoción pública no polígono ferrolán.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou os contratos para a redacción dos proxectos e dirección de obras para a construción de 116 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol. Trataríase do proxecto nas parcelas 14 e 15, ás que se destina un investimento de 913.575,20 euros.

As empresas interesadas nestes contratos poden presentar ofertas ata o 11 de novembro. Así pois, licítase a redacción dos proxectos de dous bloques de 58 vivendas cada un, cun total de 116 vivendas, nestas parcelas urbanizadas pola Xunta.

O primeiro lote destes novos contratos diríxese á contratación da redacción de proxecto de 58 vivendas de promoción pública na parcela 14, de 1.935 m2, por un importe de 460.617 euros. No tocante ao lote segundo, centrase na licitación da redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra doutras 58 vivendas de promoción pública, na parcela 15, de 1.882 m2, por un de 452.957 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A maiores, a Xunta xa ten licitada a redacción dos proxectos doutras 178 vivendas de promoción pública que se construirán no Bertón. Dese total, no pasado mes de agosto adxudicouse a redacción dos proxectos de 54 vivendas, que se construirán en dúas parcelas de 27 cada unha. E o pasado 16 de setembro licitouse a redacción dos proxectos doutras 124 vivendas, que se construirán en dúas parcelas de 75 e 49 vivendas respectivamente.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.