PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Pepe Albela ofrece experiencias para coñecer os segredos da alquimia e a destilación tradicional galega

PorBisbarra

Mércores, 2 Outubro 2024 , , , ,
O proxecto deste mestre destilador camiña cara á economía circular cun xardín botánico propio para elaborar os seus especiais destilados

Pepe Albela acaba de cumprir o seu soño de poñer en marcha tres centros artesanais de destilación noutras tantas localizacións de San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña).

Tres centros dedicados a ofrecer “experiencias únicas, personalizadas e didácticas onde as persoas que nos visiten sentan como na súa casa e poidan coñecer de primeira man os segredos da alquimia e a destilación tradicional”, explica o mestre destilador galego. Uns espazos dedicados á destilación de xenebra e whisky, que tamén terá un oco para o ron.

Os amantes dos destilados poderán coñecer todo o seu proceso de elaboración familiar, artesanal e no seu maior parte de procedencia galega, co propio Pepe Albela como guía. As visitas terán unha duración de entre hora e media e dúas horas, das cales se ofrecen diferentes modalidades, sempre previa reserva, e coa máxima de manter o contacto persoal entre o mestre destilador e os visitantes: “Este é o meu proxecto máis persoal” revela Pepe Albela, que puxo todos os seus coñecementos e paixón nestes centros artesanais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.