PUBLICIDADE

A Xunta licita por case 600.000 euros a substitución das cubertas do CEE Terra de Ferrol

PorBisbarra

Mércores, 30 Abril 2025 , , ,
A delegada territorial da Xunta en Ferrol e director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitaron o CEE Terra de Ferrol.A delegada territorial da Xunta en Ferrol e director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitaron o CEE Terra de Ferrol.

A Xunta publicará nos próximos días a licitación das obras de substitución das cubertas do CEE Terra de Ferrol. O orzamento desta actuación ascende a 599.492,81 euros. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, anunciou este contrato durante unha visita realizada ao centro, xunto ao director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana.

O proxecto contempla a renovación das cubertas dos módulos do 1 ao 8, taller de carpintería, corredor central e os soportais exterior e de xogo. En total, a intervención supón a renovación de máis de 4.000 metros cadrados de cubertas.

Os traballos incluirán a retirada de tella e das pranchas de fibrocemento, a colocación dunha subestrutura de perfís de aceira e a execución da cuberta completa a base de panel sándwich. Tamén se substituirán os canos e baixantes por outros novos, así como as pranchas metálicas dos soportais por outras combinadas con pezas translúcidas. Por último, renovaranse as luminarias da primeira planta por outras a base de paneis LED, con equipos de control lumínico e detector de movementos.

PUBLICIDADE

Tal e como informou a delegada territorial, as obras teñen un prazo de execución de cinco meses.

A intervención no CEE Terra de Ferrol está incluída no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas actuais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.