O Concello de Oroso aprobou onte, en pleno extraordinario e por unanimidade de todos os grupos da Corporación, o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para acometer a esperada remodelación integral da Avenida da Grabanxa.
Este acordo supón un paso definitivo para a execución dun proxecto xa aprobado e que contará con financiamento da institución provincial. A licitación da obra por parte da Deputación é agora o seguinte paso, e desde o goberno local trasladamos a nosa confianza en que se tramite coa maior urxencia posible, dada a relevancia desta actuación para a veciñanza.
Trátase dunha intervención necesaria que permitirá modernizar unha das arterias principais do municipio, mellorar a seguridade viaria e favorecer a accesibilidade, así como a integración paisaxística da vía, transformando de maneira significativa a entrada ao núcleo urbano.
Desta maneira, a colaboración tanto de Augas de Galicia —dependente da Xunta de Galicia— como da Deputación da Coruña fai posible que o Concello de Oroso poida afrontar esta actuación sen comprometer os recursos propios, exemplo de boa xestión e responsabilidade coas contas públicas. O proxecto supón un investimento total próximo aos 900.000 euros, dos cales 280.000 euros serán asumidos por Augas de Galicia, correspondentes ás actuacións de saneamento e abastecemento que, en principio, tería que asumir o propio Concello. Deste xeito, a achega da administración local queda a custo cero, mentres que o resto do financiamento correrá a cargo da Deputación da Coruña, a través do convenio aprobado onte