PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta licita por máis dun millón de euros a reforma do hospital ourensán de Santa María Nai

PorBisbarra

Luns, 16 Decembro 2024 , , ,
Imaxe do hospital de Santa María Nai, obxecto da actución licitada pola Xunta.Imaxe do hospital de Santa María Nai, obxecto da actución licitada pola Xunta.

A Xunta de Galicia publicou no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de reforma da antiga zona de agudos do Hospital Santa María Nai de Ourense. O Executivo galego investirá nesta actuación de mellora 1.093.608 euros.

A obra abranguerá unha superficie construída de 862,90 metros cadrados. Esta zona de intervención sitúase na planta baixa e soto da ala oeste do centro hospitalario. Actualmente está en desuso, polo que se reformará o seu espazo para destinalo a uso administrativo. Pola súa banda, o local situado no soto 1 destinarase ás instalacións de climatización asociada a esta intervención.

As empresas interesadas en participar neste procedemento poderán trasladar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xaneiro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.