PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Fene aproba a OEP 2024 con tres novas prazas de funcionariado

PorBisbarra

Luns, 16 Decembro 2024 , ,
A OEP 2024 de Fene recolle tres prazas de persoal oficial de albanelería-fontanería, de conserxería e de biblioteca.A OEP 2024 de Fene recolle tres prazas de persoal oficial de albanelería-fontanería, de conserxería e de biblioteca.

A Mesa Xeral de Negociación aprobou a proposta de Oferta de Emprego Público (OEP) 2024 para o Concello de Fene. A oferta inclúe tres prazas de novo ingreso; de persoal oficial de albanelería-fontanería, de conserxería e de biblioteca. Todas elas pertencen á categoría de persoal funcionario e publicaranse proximamente no Boletín Oficial da Provincia.

A concelleira de Persoal, Sandra Permuy, destacou que esta nova OEP “reflicte o compromiso do Concello coa mellora dos servizos municipais e a estabilidade laboral, ofrecendo novas oportunidades de acceso ao emprego público”.

Por outra banda, os procesos de estabilización enmarcados na normativa estatal están xa rematados e formalizados, garantindo a continuidade do persoal afectado. Ademais, respecto ás ofertas de emprego de anos 2020, 2021 e 2022, acábase de nomear á nova técnica de xestión económica e intervención e está aprobada a lista definitiva e o nomeamento do tribunal para a praza de arquitectura.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Actualmente, atópanse en prazo de presentación de instancias as convocatorias de dúas prazas de administración e unha de arquivo. A maiores, están convocadas e pendentes de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) as prazas de promoción interna para operario/a electricista, operario/a de mantemento-auxiliar soldador/a, conserxería, condución tractorista e dúas prazas de peón/a de limpeza de edificios. En relación ao persoal temporal, o Concello de Fene ten abertas bolsas para oficial electricista e administración, ademais dunha provisión por comisión de servizos.

Permuy subliñou que “con estas accións seguimos avanzando na modernización da administración local e na cobertura de prazas vacantes, fundamentais para garantir un servizo público eficiente e de calidade para a veciñanza de Fene”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.