PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta licitará en xaneiro a construción dun centro sanitario en Boborás

PorBisbarra

Xoves, 19 Decembro 2024 , ,
Imaxe do proxecto básico do centro de saúde de Boborás.Imaxe do proxecto básico do centro de saúde de Boborás.

A Xunta licitará no mes de xaneiro a construción do novo centro de saúde de Boborás, cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros. Tras a redacción do proxecto pola Axencia Galega de Infraestruturas, o Servizo Galego de Saúde licitará a obra.

O novo centro de saúde boborao suporá a ampliación da súa superficie en máis de 200 m2, ata chegar aos 682 m2. Así, permitirá contar como novidade cunha consulta para a saúde da muller, unha consulta polivalente de urxencias e outra de pacientes respiratorios, así como unha sala de xuntas. Ademais contará con dúas consultas de medicina e dúas de enfermaría nun edificio novo.

O deseño elixido para o novo centro de saúde busca a mellor integración coa contorna en todos os seus aspectos: implantación da parcela, volumetría e deseño ou emprego de materiais característicos da zona, como a pedra e a madeira.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O edificio conformarase como un elemento lonxitudinal, paralelo á vía de acceso, Evaristo Riande, próximo ao borde sur da parcela. O acceso de ambulancias e de persoal situarase na zona sueste da parcela.

A previsión é formalizar o contrato de obra no verán de 2025 e que a construción poida estar finalizada a finais de 2026 ou comezos de 2027, cun prazo de execución de 16 meses.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.