Un grupo de Bombeiros do Concello de Ferrol entregou unha réplica de xoguete dos seus camións no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O equipo directivo da Área Sanitaria de Ferrol recibiu no corredor principal do Arquitecto Marcide aos bombeiros, para agradecer o detalle.
A xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Fernanda López Crecente; a directora de Enfermaría, Isabel Turnes Cordeiro; a subdirectora de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía, Estrella Lopez-Pardo Pardo, e persoal de Pediatría acompañaron aos visitantes á aula hospitalaria. Alí deixaron o camión para que poidan xogar con el os nenos e nenas hospitalizados.