PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta limpa as marxes das estradas autonómicas no Pereiro e San Cibrao

A Xunta executa labores de acondicionamento das estradas autonómicas.A Xunta executa labores de acondicionamento das estradas autonómicas.

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas no Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas. Máis en concreto, realizaranse tarefas de acondicionamento nas zonas verdes das sendas peonís e glorietas das estradas OU-536 e OU-537.

Estas actuacións consisten no roce da vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral e no acondicionamento de zonas verdes.

Con este programa, a Xunta segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Estas intervencións da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas. Neste senso, tras o recente incremento dun millóns de euros, conta cun investimento total de 4 millóns para os dous próximos anos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.