O centro de vida activa Os Gozos, no Concello do Pereiro de Aguiar, xa iniciou coas actividades para este curso 2024-2025. Así pois, xa comezaron dous obradoiros para persoas maiores.
En primeiro lugar, deu inicio o obradoiro de memoria, de carácter gratuíto e que terá lugar os mércores e xoves. Trátase dunha actividade moi valorada polas persoas usuarias do centro e centrada no traballo da memoria nas persoas maiores.
En segundo lugar, o centro Os Gozos tamén está a desenvolver o obradoiro “Activa a túa mente”, dentro do Programa de Empleo Mancoxove VI. Neste caso, as persoas participantes realizan actividades para exercitar a actividade cerebral e memorística.
Estes obradoiros desenvólvese todo o ano, parando durante os meses de verán. Trátase de actividades para as persoas maiores que desenvolven a psicoestimulación neuronal, evitando o deterioro. A maiores, aportan outras vantaxes como exercitar a respiración, a relaxación e a mobilidade, así como as relacións sociais.