PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta reforza a colaboración co Carballiño na prevención de incendios

PorBisbarra

Martes, 10 Decembro 2024 , ,
O alcalde do Carballiño e a conselleira de Medio Rural reuníronse para abordar a prevención de incendios forestais.O alcalde do Carballiño e a conselleira de Medio Rural reuníronse para abordar a prevención de incendios forestais.

A Xunta e o Concello do Carballiño reforzan a súa colaboración en materia de loita contra incendios forestais. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuníronse co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, para avanzar nesta materia. Na reunión tamén estivo presente a alcaldesa de Lobios, Carmen Yáñez, xa que Medio Rural tamén ampliará a colaboración con este municipio.

No que atinxe ao Concello do Carballiño, na xuntanza de traballo abordáronse diferentes temas de interese para a veciñanza. Entre estes, as actuacións e obras preventivas e de defensa no territorio municipal, nas que colaboran ambas administracións.

Ademais, o rexedor amosou o seu interese por seguir cooperando con Medio Rural nesta materia, en particular a través dos convenios establecidos pola Consellería cos diferentes concellos galegos para rozas preventivas, constitución de brigadas e incorporación de motobombas municipais ao dispositivo da Xunta.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Neste sentido, O Carballiño xa ten subscrito o convenio de colaboración entre o Goberno galego, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. O obxectivo é o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias. En virtude deste acordo, dispón xa dun plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, aprobado e en vigor, que foi elaborado en colaboración coa Consellería de Medio Rural.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.