Ribadavia, única candidata galega, foi a gañadora do concurso ‘Xuntos brillamos máis’ superando ás vilas de Ágreda, Biar, La Andrada e El Coronil
Ribadavia foi elixida como Pobo Ferrero Rocher 2024 da campaña Xuntos brillamos máis, que premia á vila máis fermosa destas festas de toda España, otorgándolle o premio da instalación dunha impresionante iluminación a cargo de Ferrero Rocher, e que o pasado novembro anunciaba a súa candidatura, a única representante galega xunto a outras catro localidades: Ágreda (Soria), Biar (Alicante), La Andrada (Ávila) e El Coronil (Sevilla).
O alcalde de Ribadavia César Fernández, que acompañou nas celebracións á veciñanza na ponte de San Francisco, mostrouse profundamente orgulloso e valorou como “moi positivo ter gañado este concurso para que Ribadavia sexa o pobo que máis brille neste Nadal“.
Eu como alcalde estou enormemente agradecido á veciñanza por todo o traballo, publicacións… toda a mobilización para conseguir que sexamos o pobo que máis brille no Nadal de 2024. Son momentos de profunda ledicia para toda Ribadavia. Queda patente que cando traballamos todos unidos, da man, o resultado é inmellorable”
O rexedor de Ribadavia incidiu en que gañar este concurso “é un impulso máis para ensinarlle a toda España o fermosa que é nosa vila e o moito que ten que ofrecer: o noso patrimonio arquitectónico, termal, o noso viño… Pero sobre todo e por riba de todo, o capital humano que temos en Ribadavia, os nosos veciños e veciñas que fan do noso concello un lugar único”.