PUBLICIDADE

A Xunta revisa a autorización ambiental do CTRIG nas Somozas

PorBisbarra

Xoves, 12 Xuño 2025 , , ,
O CTRIG modificará as condicións de emisións na planta EVOX e engadirá un novo apartado sobre calidade do aire.O CTRIG modificará as condicións de emisións na planta EVOX e engadirá un novo apartado sobre calidade do aire.

A Xunta acaba de revisar de oficio a autorización ambiental integrada (AAI) do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), no Concello das Somozas. O obxectivo é modificar as condicións de emisións dunha das súas plantas, denominada EVOX, e engadir un novo apartado referido á calidade do aire. Así, reforzarase a seguridade do funcionamento da instalación.

Esta revisión prodúcese no marco das accións iniciadas pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (DXCAS) a raíz do incidente rexistrado no mes de marzo no CTRIG. Este obrigou a suspender cautelosamente a actividade asociada á planta EVOX.

Despois das inspeccións realizadas ao centro e o informe solicitado en materia de calidade do aire, a DXCAS acordou revisar a autorización orixinal. Así, dáse trámite de audiencia ao titular para presentar os documentos e alegacións oportunos antes de resolver.

PUBLICIDADE

En concreto, o órgano ambiental acorda modificar as condicións establecidas no caso da planta EVOX para determinados parámetros de emisión. Ademais, de forma trimestral, o titular achegará ao departamento correspondente un informe cos datos diarios de emisións, gráficos cos resultados dos valores medios, un resumo de posibles incidencias tanto nas emisións como nos sistemas automáticos de medición e informes sobre o cumprimento da calidade destes sistemas.

Así mesmo, a outra modificación introducida na AAI orixinal é un novo apartado sobre calidade do aire para obter información sobre a ocorrencia de fenómenos de inversión térmica. Neste sentido, requírese da empresa unha serie de medicións para as que será necesario instalar na contorna unha rede de polo menos catro sensores multiparamétricos e a realización de campañas de medida indicativa de benceno e metais, entre outros, por parte dunha entidade acreditada.

Unha vez se dispoña de resultados desta rede de sensores e das campañas de medida, que deberán ser remitidos á DXCAS, valorarase e adoptarase unha decisión sobre a conveniencia de instalar unha ou máis estacións de control de calidade do aire, que se integraría na rede autonómica existente.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.