PUBLICIDADE

Cedeira remata as obras de mellora de 2 km de vías

PorBisbarra

Xoves, 12 Xuño 2025 ,
Cedeira investiu nestas obras 127.653,48 euros, financiados con cargo ao POS+2023Cedeira investiu nestas obras 127.653,48 euros, financiados con cargo ao POS+2023

O Concello de Cedeira certificou o remate das obras de mellora do firme en catro camiños rurais e dúas rúas. Máis en concreto, trátanse de camiños nos lugares de Mundín, As Bieiteiras, Santallamar e Vilacacín e as rúas C. Ponthus e Cuartel.

Estas obras executáronse cun orzamento de 127.653,48 euros, financiado con cargo ao POS+2023. A actuación supuxo a renovación do firme en máis de dous quilómetros de percorrido sumando os camiños de titularidade municipal en zona rural e as dúas rúas da zona urbana.

Dous dos camiños rurais nos que se actuou están na parroquia de San Xiao de Montoxo. Trátase das vías que unen a AC-566 cos núcleos das Bieiteiras e Mundín. O primeiro ten 404 metros de percorrido lineal e un ancho medio de 2,70 metros. Pola súa banda, o segundo suma 493 metros e 190 dunha bifurcación, cun ancho medio de tres metros.

PUBLICIDADE

O camiño de Santallamar tamén foi obxecto destas obras de mellora. Trátase dunha vía de 415 metros de lonxitude que une o paseo marítimo de Cedeira con dito núcleo de vivendas, na parroquia de San Fiz de Esteiro.

O resto de vías nas que se executaron melloras pertencen a Santa María de Cedeira. Máis en detalle son a de Vilacacín, con 305 metros de lonxitude; a rúa C. Ponthus, nos 225 metros que discorren paralelos ao río Condomiñas; e a rúa Cuartel, que percorre uns 65 metros entre a avenida da Area e Zumalacárregui.

En todos os casos os traballos consistiron no perfilado das cunetas e na extensión dunha nova capa de asfalto. En varias vías tamén se ampliou a plataforma para garantir un ancho uniforme e algo superior ao actual en todo o percorrido. Asemade, mellorouse a recollida de pluviais e revisáronse a afección dalgunhas raíces das árbores para que non alteren a estrutura do firme.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.