PUBLICIDADE

Aberto o prazo de selección de persoal docente para o obradoiro “Lavadoiros de Ferrol 1”

PorBisbarra

Xoves, 24 Outubro 2024 , ,
O lavadoiro de Serantes será un dos reparados polo alumnado do obradoiro.O lavadoiro de Serantes será un dos reparados polo alumnado do obradoiro.

O Boletín Oficial da Provincia xa recolle a convocatoria e bases que rexerán a selección de persoal directivo e docente do proxecto obradoiro dual de emprego Lavadoiros de Ferrol 1. Esta formación está promovida pola concellería de Emprego e conta co cofinanciamento da Xunta.

“Este obradoiro dual de emprego confírese como un programa mixto de emprego e formación, que ten como finalidade mellorar a ocupación das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social”, adiantou o concelleiro de Emprego, Javier Díaz Mosquera. O obxectivo é posibilitar ao alumnado a realización dun traballo efectivo que e adquirir unha formación profesional que favoreza a súa inserción laboral.

A especialidade a impartir é a de Fábricas de albanelería de nivel 2, con 10 alumnos e alumnas traballadores que realizarán a formación durante nove meses. A parte práctica desta formación centrarase na reparación e posta en valor de catro lavadoiros municipais; o de Feira do Dous en Serantes, o da Pedreira en Covas, o da Vila da Igrexa en San Xurxo e o lavadoiro de Covas.

PUBLICIDADE

Para a xestión e desenvolvemento do obradoiro contratarase a unha persoa para a dirección a xornada completa, a un docente tamén a xornada completa para impartir o certificado de profesionalidade e a unha persoa encargada da titoría coordinadora da formación, neste caso a media xornada.

A selección do persoal directivo e docente participante será realizada polo Concello de Ferrol mediante un procedemento específico regulado ao abeiro da instrución da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego. Neste sentido, atenderase ás prioridades do proxecto, ao itinerario formativo e a criterios de igualdade e obxectividade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.