PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Aberto o primeiro tramo da avenida das Pías en Ferrol

PorBisbarra

Martes, 11 Marzo 2025 , ,
O primeiro tramo da rehumanización das Pías comprende o inicio da vía na estrada de Castela ata a rotonda do Diapasón.O primeiro tramo da rehumanización das Pías comprende o inicio da vía na estrada de Castela ata a rotonda do Diapasón.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu esta mañá á apertura do tramo I das obras de humanización da avenida das Pías FE-14. Este comprende o inicio da vía na estrada de Castela ata a rotonda do Diapasón. Ao acto tamén asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; membros da corporación municipal, o almirante do Arsenal Militar, Gonzalo Villar; e o director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, entre outras autoridades.

O rexedor amosou a súa satisfacción pola posta á disposición da veciñanza da primeira fase, “que implica unha transformación pola que varias corporacións municipais viñan traballando desde hai tempo”. Neste sentido, destacou a implicación e coordinación de todas as administracións involucradas no proxecto. “Estamos aquí o Goberno de España, o provincial e o da Xunta de Galicia poñendo en valor esta actuación que é un antes e un despois para unha cidade que o que quere é conquistar o futuro a través de actuacións de humanización como esta”, engadiu Rey Varela.

O alcalde ferrolán agradeceu a colaboración das administracións nas obras do primeiro tramoo das Pías.
O alcalde ferrolán agradeceu a colaboración das administracións nas obras do primeiro treito das Pías.

Asemade, o alcalde destacou que, a través de numerosas reunións de coordinación, paliouse o impacto que toda actuación urbana ten na contorna na que se produce. No tocante ao barrio de Ultramar, gaña espazos verdes, incorporando o parque de Esteiro. Pola súa banda, a veciñanza de Esteiro e de Telleiras gañan todos os servizos que outorga Ultramar.

PUBLICIDADE

Así, intégranse os barrios nunha cidade moito máis homoxénea e compacta. “É posible gañar espazos para os veciños, ter beirarrúas máis anchas, ter sendas peonís, máis zonas verdes e máis prazas de aparcadoiros”, afirmou o rexedor ferrolán.

Tras a apertura deste tramo da avenida das Pías, Rey Varela confía en acometer novos proxectos coa Xunta, Deputación da Coruña e Goberno de España.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.