PUBLICIDADE
A xunta directiva do GDR Ulla-Tambre-Mandeo que aprobou a posta en marcha do proxecto para a promoción do cicloturismo no xeodestinoA xunta directiva do GDR Ulla-Tambre-Mandeo que aprobou a posta en marcha do proxecto para a promoción do cicloturismo no xeodestino

A xunta directiva do GDR aprobou o proxecto de dinamización turística de promoción do cicloturismo que inclúe a organización do primeiro Gravel Adventura do Ulla-Tambre, que terá a súa saída nun dos concellos do GDR, a cal rotará en cada nova edición

A xunta directiva do GDR Ulla-Tambre-Mandeo aprobou a pasada semana poñer en marcha o proxecto de dinamización turística de promoción do cicloturismo, para o cal solicitará a sinatura dun convenio para a xestión do Xeodestino a Turismo de Galicia por un importe de 30.000 euros. O GDR xa vén xestionando o Xeodestino dende o ano 2019, e con esta iniciativa busca a consolidación desta colaboración coa Xunta.

Ademais, o GDR Ulla-Tambre-Mandeo destinará 12.000 euros dos Fondos Leader 2023-2027 para poñer en marcha diferentes rutas cicloturistas, que terán neste 2025 a súas primeiras edicións, e continuidade nos vindeiros anos. Así, a aposta do GDR neste proxecto empezará polas modalidades de gravel e BTT, coa organización da primeira das citas: o Gravel Adventure do Ulla-Tambre.

Estamos apostando polo cicloturismo con todos os recursos de que dispoñemos. En tres anos pretendemos converternos no primeiro destino de referencia para ciclistas de Galicia” (María Fernández, xerente do GDR Ulla-Tambre-Mandeo)

Esta primeira ruta, Gravel Adventure do Ulla-Tambre, terá un percorrido duns 120 quilómetros, distribuídos en dúas xornadas, percorrendo os concellos do GDR, tendo a súa saída nun dos municipios do xeodestino, a cal rotará en cada nova edición.

PUBLICIDADE

Esta gran ruta completarase coa Cicloescapada Ulla-Tambre que contará con dous tramos de 25 quilómetros, con visitas guiadas aos principais elementos patrimoniais do xeodestino, e dirixido a persoas que non adoitan andar en bicicleta, mais queren probar unha nova forma de facer turismo. Para realizar as diferentes rutas, que non son competitivas, poderase elixir entre unha bicicleta de montaña, unha gravel, e por suposto, unha eléctrica.

Queremos ser o primeiro destino gravel de Galicia, cunha cita anual ineludible para tódolos ciclistas” (Chus Novo, presidenta do GDR Ulla-Tambre-Mandeo)

Ademais, a estratexia de Desenvolvemento rural deseñada polo GDR para o período 2023-2027, ten como obxectivo a creación de dúas rutas de gran percorrido, aptas para bicicletas, e a creación de servizos complementarios para cicloturistas, tanto nestas dúas rutas de nova creación, como na Ruta do Holandés, sinalizada como Eurovelo 3.

Unha das rutas cicloturistas do GDR Ulla Tambre Mandeo que xestiona o xeodestino
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.