PUBLICIDADE

Alcalde de Ferrol e conselleira fan entrega das chaves de tres vivendas rehabilitadas co Plan Rexurbe

Entrega de chaves do plan Rexurbe

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañou esta mañá á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na entrega das chaves de tres vivendas en alugueiro accesible rehabilitadas na rúa Carme Curuxeiras, 8, no marco do programa Rexurbe.

Esta iniciativa cumpre o dobre obxectivo de ofrecer vivenda accesible e contribúe a recuperar os centros históricos. O alcalde agradeceu á Xunta de Galicia a posta a disposición destas vivendas, que desde hoxe “deixan de selo para converterse en fogares”, afirmou Rey Varela. Os beneficiarios son tres persoas menores de 36 anos.

Ferrol está a crecer en poboación, emprego e oportunidades e “nada nos satisface máis que este investimento importantísimo que a Consellería de Vivenda está facendo na nosa cidade, cunha planificación en marcha que supera as 350 novas vivendas de promoción pública, todas en marcha”, engadiu, lembrando que este é “o maior impulso á vivenda que vimos nesta xeración”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.