PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Altri capta talento entre o alumnado da USC

PorBisbarra

Venres, 29 Novembro 2024 , ,
Fíxoo no foro de empresas da Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Altri, grupo que a través de Greenfiber impulsa en Galicia o proxecto GAMA, participou na 4ª edición do Foro de Empresas EQ que se celebrou na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela.

Alí tivo a oportunidade de manter contacto con alumnado do grao de Enxeñería Química e do #máster de Enxeñería Química e bioprocesos da mencionada escola, pero tamén con alumnos dos #máster de Enxeñería Ambiental; Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible; Física; Investigación Química e Química Industrial; Matemáticas; Matemática Industrial; Técnicas Estatísticas; e Desenvolvemento Económico e Innovación.

Tal e como explica a directora de Recursos Humanos de Greenfifer, Olga López Arias, “o noso obxectivo é captar talento coa vista posta no proxecto GAMA, que Altri está a impulsar en Galicia a través de Greenfiber. Neste sentido, queremos que coñezan o proxecto e a nosa forma de traballar para que nos consideren unha opción de futuro para o desenvolvemento da súa carreira profesional”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.