Borja Verea, o portavoz dos populares de Santiago de Compostela explicou en declaracións aos medios de comunicación que “agradecemos e aplaudimos que o BNG manteña as festas de Nadal, é certo que sen crer no nadal é difícil a organización dunhas festas con sentimento”.
Verea engadiu que “en Santiago teremos unhas festas de nadal que é tempo de conciliación de familia e de amizade”. Animou a “todos os santiagueses a volcarse coa cidade nestas datas e a todas as familias a sentir estas festas como propias e as máis importantes polo que significan nunha capital europa e humanista e espiritual nunha cidade como Santiago de Compostela”.