Cobre San Rafael continua avanzando nas xestións administrativas para a posta en marcha do seu proxecto industrial de produción de cobre sostible 100% galego na mina de Touro – O Pino. Recentemente, a compañía acadou a plena dispoñibilidade dun 79% dos terreos necesarios para o futuro espazo de desenvolvemento das labores mineiras a través de acordos de compra con os veciños propietarios locais. En total, o proxecto abrangue unha superficie de 812 hectáreas, das cales 600 ha son de terreos mineiros históricos.
Recentemente, seguindo a súa política de transparencia e as directrices da Administración, a compañía realizou unha publicación en prensa do listado da propiedade actual dos terreos nos que vaise desenvolver o proxecto ou algunha das súas infraestruturas. Este requirimento legal de publicidade ten por obxecto informar aos propietarios das fincas; e, en ningún caso, implica a expropiación das parcelas indicadas.
A boa marcha do proceso de adquisición dos terreos é o resultado de máis de sete anos de diálogo e negociacións cos veciños. Durante este período, a compañía levou a cabo máis de 200 reunións informativas na comarca, co fin de garantir unha integración respectuosa e consensuada do proxecto na comunidade.
Os acordos alcanzados inclúen opcións de compra ou alugueiro dos terreos. No caso do compromiso de venda, os propietarios están a recibir un 10% da valoración do seu terreo no momento da firma, importe que non terán que devolver se o proxecto non chegara a desenvolverse. Pola outra banda, coa opción de aluguer, ofrécese un 2,5% anual da valoración do terreo ata que se consigan os permisos necesarios, momento no cal se aumentará a un 10% anual. Ademais, a maioría dos propietarios dos terreos pendentes de adquirir amosaron a súa disposición a asinar acordos unha vez se obteñan os permisos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, chegando actualmente ao 79% del total.
Garantías e xestión responsable dos terreos
A calidade e o potencial do xacemento están garantidos grazas aos máis de 100 quilómetros de sondaxes de exploración realizadas, que confirmaron tanto o tamaño como a composición química do mineral.