PUBLICIDADE

Ana Mosteiro toma posesión como concelleira do Goberno de Melide

A nacionalista Ana Mosteiro, segunda pola esquerda, durante o acto de toma de posesión da acta de concelleira do Goberno de Melide onte 27 de febreiroA nacionalista Ana Mosteiro, segunda pola esquerda, durante o acto de toma de posesión da acta de concelleira do Goberno de Melide onte 27 de febreiro

A nacionalista Ana Mosteiro releva no cargo a Xesús Pereira que renunciou á súa acta o pasado decemebro como único representante do BNG no tripartito do Concello de Melide

A nacionalista Ana Mosteiro López tomou posesión, onte xoves 27 de febreiro, como concelleira do Goberno de Melide, en substitución de Xesús Pereira que renunciou no mes de decembro á súa acta como tenente de alcalde na que asumiu, ata o pasado xaneiro, as Concellerías de Facenda, Promoción Económica, Turismo e Camiño de Santiago.

“Neste acto especial para min quero amosar, en primeiro lugar, a miña gratitude a todos os melidenses que votaron ao BNG nas pasadas eleccións municipais de 2023 facendo posible que tiveramos representación nesta corporación municipal”, foron as primeiras palabras de Mosteiro durante o acto de toma de posesión no que estivo acompañado pola súa parella, a súa filla, pola deputada nacionalista autonómica, Iria Carreira.  

Ana Mosteiro convértese así na única representante do BNG no Goberno do Concello de Melide. Un tripartito conformado por Adiante Melide, PSOE e os nacionalistas. A nova edila poderá dispoñer dunha dedicación exclusiva remunerada, á que renunciou Xesús Pereira ao principio do mandato, e á que ten dereito o BNG en base ao acordo con Adiante Melide e PSOE no ano 2023.

PUBLICIDADE

Sinto unha gran responsabilidade pola importancia do cargo que hoxe asumo e comprométome a traballar duro nos vindeiros dous anos. Agardo estar á altura e para iso traballarei co diálogo, a honradez e a humildade por bandeira” (Ana Mosteiro, nova concelleira do BNG do Goberno de Melide)

Aínda que todo apuntaba a que a acta do concelleiro a recollería o número dous nas listas das últimas eleccións municipais, Iván Combo, o nacionalista tamén renunciou; do mesmo xeito que a número tres da formación, Alba López. Así, que a número catro, Ana Mosteiro, será agora a única representante do BNG no Goberno tripartito do Concello de Melide.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.