PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol incorporarase á Rede Española de Cidades Saudables

Ferrol aprobou en pleno por unanimidade a solicitude de adhesión á Rede Española de Cidades Saudables.Ferrol aprobou en pleno por unanimidade a solicitude de adhesión á Rede Española de Cidades Saudables.

O Concello de Ferrol aprobou en pleno por unanimidade a solicitude de adhesión á Rede Española de Cidades Saudables (RECS) da FEMP. Esta rede está formada por 531 concellos, cinco deputacións e un consello insular. Así, únense ao amparo dos principios e actividades relacionadas co programa Ciudades Saludables (Healthy Cities) da Organización Mundial da Saúde. O obxectivo é crear as condicións axeitadas e precisas para acadar cidades máis saudables.

“A adhesión proporcionará ao Concello de Ferrol unha serie de beneficios estratéxicos, como o intercambio sistemático de experiencias e boas prácticas na implantación de políticas sostibles”, detallou o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Fondos Europeos, Participación e Atención Cidadá, Javier Díaz Mosquera. Así mesmo, dará acceso a recursos e ferramentas metodolóxicas para optimizar a planificación e execución de proxectos.

O edil afirmou tamén que “esta participación potencia a visibilidade institucional de Ferrol, facilita a creación de sinerxías con outras entidades locais e expertos en sostibilidade e mellora o acceso a financiamento para iniciativas ambientais”.

PUBLICIDADE

Adicionalmente, contribúe á mellora da calidade de vida da poboación, aliñando as accións municipais con normativas e obxectivos de sostibilidade a nivel local, nacional e internacional.

OBXECTIVOS DA RECS

O Concello de Ferrol, unha vez se adhira, deberá adoptar unha serie de compromisos como a elaboración dunha análise de situación e un plan de saúde para a cidade ou, en todo caso, implementar a Estratexia de promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade.

Ademais, deberá adoptar o compromiso dun gasto anual en concepto de cota de participación como socio titular durante a vixencia da adhesión á RECS, formalizado durante o primeiro cuadrimestre de cada ano. Asemade, outros obxectivos da Rede Española de Cidades Saudables son asegurar a intercomunicación das cidades participantes para a promoción da saúde, o intercambio de experiencias e desenvolvemento de proxectos entre elas, así como fomentar a colaboración e acción conxunta entre elas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.