PUBLICIDADE

As Pontes aproba a distribución dos 2,8 millóns de euros do POS+2025

PorBisbarra

Venres, 7 Febreiro 2025 , ,
As Pontes executará sete proxectos cos 1.443.780 euros do Plan Complementario.As Pontes executará sete proxectos cos 1.443.780 euros do Plan Complementario.

O Concello das Pontes aprobou as actuacións e investimentos que serán financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS+ 2025), por valor de 2,8 millóns euros.

A achega provincial inclúe tres partidas. A primeira, de 698.414 euros, correspondente á achega provincial do ano 2024. A segunda, correspondente á achega do 2025, cunha contía de 677.872 euros, que se destinarán a gasto corrente. A derradeira, cun importe de 1.443.780 euros, correspondente ao POS Complementario 2024, permitirá executar 7 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos.

Así, o Concello das Pontes destinará 257.835 euros á mellora de pavimentos e servizos na avenida de Ortigueira. Executará tamén a mellora da pavimentación e servizos na avenida de Villalba, cun importe de 376.287 euros; a reparación e mellora do firme en Gondré e O Castro, por 55.283 euros; e a pavimentación da pista do Bidueiro, ata o cruce do Caxete, actuación valorada en 74.200 euros.

PUBLICIDADE

Así mesmo, destinarase unha partida de 84.542 euros ao proxecto de pavimentación do viario ao Niño de Azor e San Xoán do Freixo; e unha partida de 308 900 para mellorar a beirarrúa e os servizos na marxe esquerda da rúa Rego do Muíño e nun tramo da rúa Areosa. Finalmente, destinaranse 286.731 euros á reposicións de servizos e pavimentos na avenida da Habana, no tramo do Poboado do Barreiro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.