PUBLICIDADE

As radios escolares, tema central do número 93 da Revista Galega de Educación

PorBisbarra

Xoves, 28 Maio 2026 , , ,
Cartaz do acto que terá lugar mañá en Melide

A Revista Galega de Educación, publicación editada polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, sacou á rúa o seu número 93, que está centrado na situación da radio escolar en Galicia.

En Galicia hai experiencias moi meritorias de radio escolar desde hai décadas, e mesmo a radio como ferramenta didáctica é o eixe central de iniciativas recoñecidas internacionalmente como o proxecto Pontenas Ondas! Pero é especialmente nos últimos anos cando a radio como recurso educativo se xeneralizou nos centros galegos, sobre todo a partir dos programas de bibliotecas escolares.

Dalgún xeito, falar de radio, educación e vida, é un proceso de deconstrución da última xa que, coas ferramentas, aprendizaxes e coñecementos adquiridos, ondas e ensino son alicerces na formación de calquera persoa. Para adquirir todas esas aprendizaxes, convidamos o lectorado desta Revista Galega de Educación (RGE) a mergullarse con nós nas diferentes perspectivas educacionais, radiais, vitais, que neste monográfico amosamos, manifestan na presentación do número os seus coordinadores, os xornalistas Sergio Pascual Espinilla e Lucía Abarrategui Amado.

PUBLICIDADE

A biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide acollerá mañá venres ás 20h un acto de presentación do último número da Revista Galega de Educación adicado á radio na Terra de Melide. A entrada será de balde.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.