PUBLICIDADE

As Somozas benefíciase do Programa de Garantía Xuvenil da Xunta

As Somozas e un dos dez concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que se beneficia das axudas do Programa de Garantía Xuvenil.As Somozas e un dos dez concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que se beneficia das axudas do Programa de Garantía Xuvenil.

O Concello das Somozas contratou a unha traballadora para desenvolver tarefas agrícolas e de mantemento de espazos verdes, grazas ao Programa de Garantía Xuvenil. Neste sentido, a delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse ao municipio para coñecer o seu labor.

A Xunta apoia este ano a contratación de 13 persoas mozas desempregadas en dez concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con cargo ás axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Aneiros incidiu en que a través destas axudas, o Goberno galego pretende incentivar a contratación de persoas mozas, de entre 18 e 29 anos, en entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro. Deben ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

PUBLICIDADE

A consellería destinou á convocatoria deste ano un orzamento de 6,5 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa FSE de Galicia 2021-2027. Está destinada a subvencionar a contratación a xornada completa dos mozos e mozas por un período de nove meses. “O obxectivo fundamental é que os beneficiarios acaden unha experiencia laboral que lles permita integrarse no mercado laboral”, explicou Martina Aneiros durante a visita ás Somozas.

Ademais das Somozas, tamén se beneficiaron destas axudas os concellos de Pontedeume, Ortigueira, Moeche, Fene, Cerdido, Cedeira, Cariño e Ares, cun contrato por concello. Pola súa banda, o Concello de Ferrol, recibiu unha achega para subvencionar a contratación de catro traballadores.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.