A Xunta de Galicia está a executar traballos de mellora da estrada AC-110, ao seu paso polos municipios das Somozas e Cerdido. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás; e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron o estado das obras.
Actualmente estase a actuar nun tramo do Concello das Somozas. Alí estase a proceder á rehabilitación superficial localizada do firme da estrada, restaurando e mellorando as características do pavimento e garantindo a funcionalidade e durabilidade. Asemade, realizaranse melloras na drenaxe, a sinalización, os sistemas de contención e o balizamento. A maiores, limparanse as gabias existentes.
A delegada territorial lembrou que esta é unha das tres estradas autonómicas da área da Delegación que a Administración autonómica está a acondicionar neste momento. Así, súmase á AC-112 e a AC-564, que discorren polos concellos das Pontes, Narón, San Sadurniño, Cabanas y A Capela. En total, o investimento supera os 1,7 millóns de euros.
A Xunta resalta o seu traballo continuo para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria. Neste sentido, incrementou este ano en máis dun 30% as partidas destinadas a súa conservación, máis de 68 millóns de euros.