O Concello de Barbadás colocou 16 novos puntos de luz en diversos puntos do municipio. Con esta instalación, pretende mellorar a seguridade e accesibilidade da poboación. A acometida enmárcase no Plan de Obras, de 1,1 millóns de euros, aprobado polo Goberno local para este 2025. Este inclúe actuacións como a ampliación da iluminación pública, remodelacións de edificios públicos ou novas áreas de recreo.
Os novos puntos de luz sitúanse en Piñor, Bentraces, Sobrado, Barbadás, Pontón e A Valenzá. “Dotar de iluminación pública a diferentes zonas que ata agora carecían dela favorece a seguridade, a accesibilidade ás vivendas e a comodidade da poboación”, recalca Victoria Morenza, tenente alcalde.
Os farois colocadas en zonas como a curva da igrexa de Piñor tamén supoñen unha mellora na seguridade viaria. “É unha curva moi pronunciada na que faltaba visibilidade e os novos puntos de luz favorece a seguridade de condutores e peóns”, asegura Morenza.
A nova iluminación sitúase no cruce e na rúa Furón, en Sobrado; na rúa de Abaixo e na rúa dos Cortizos, en Bentraces; nas Escorregas, en Barbadás; na rúa Dilueiras e na curva da Igrexa, en Piñor; na rúa Altamira, na Valenzá; e na aldea de Pontón.



