PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Barbadás impartirá un curso de manexo de carretillas elevadoras

O curso de manexo de carretillas elevadoras impartirase do 9 ao 12 de decembro no CET Barbadás.O curso de manexo de carretillas elevadoras impartirase do 9 ao 12 de decembro no CET Barbadás.

O Concello de Barbadás organiza un curso de carretilla elevadora, que terá lugar do 9 ao 12 de decembro no CET Barbadás. Esta iniciativa busca ofrecer formación práctica e teórica para mellorar a empregabilidade da cidadanía e atender a demanda do mercado laboral.

O curso desenvolverase en horario de 09:00 a 14:00 horas durante catro días e contará con prazas limitadas. As persoas interesadas poderán inscribirse chamando ao teléfono 988 360 413 ou enviando un correo electrónico a cet@barbadas.es.

Esta formación dará prioridade ás persoas empadroadas en Barbadás, reforzando o compromiso do Concello co desenvolvemento persoal e profesional dos seus veciños e veciñas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Dende o Goberno local salientan que se trata dunha oportunidade para adquirir habilidades e formación nun sector con alta demanda.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.