PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Barbadás inviste máis de 141.000 euros en mobilidade sostible

PorBisbarra

Xoves, 19 Setembro 2024 , ,
O Concello de Barbadás organiza actividades de mobilidade sostible para os vindeiros días.O Concello de Barbadás organiza actividades de mobilidade sostible para os vindeiros días.

Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o Concello e Barbadás salienta o seu compromiso coa sostibilidade. Así pois, o Goberno local destina anualmente 141.385 euros ao transporte público, sumando as axudas ao transporte escolar e as bonificacións das viaxes en autobús.

Máis en concreto, existe unha bonificación xeral do 37%, ao 55 % no caso dos estudantes e o 48% para os pensionistas. Ademais, a viaxe é gratuíta para as persoas en risco de exclusión social. Deste xeito, aínda que o prezo do billete é de 1,55 euros, as bonificacións abarcan á totalidade da poboación do municipio.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, insistiu na importancia de que en Barbadás se instaure o transporte metropolitano, solicitado á Xunta fai seis anos. “Para a cidadanía non existe o transporte metropolitano, pero grazas ás axudas do Concello pode funcionar como tal”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nesta Semana da Mobilidade o transporte en autobús será gratuíto en Barbadás o domingo 22 de setembro, Día mundial sen coches. Ademais, programáronse varias actividades vencelladas para os vindeiros días.

Hoxe, xoves 19 de setembro, organizouse unha xincana ciclista e de patinetes no Paseo dos Amieiros, a partir das 17.30 horas. Ademais, dende o polideportivo municipal sairá unha andaina saudable ás 19.00 horas.

Pola outra banda, convócase unha nova edición do Paseo da Saúde, no que colaboran asociacións do ámbito sanitario, para mañá, venres 20 de setembro, na avenida de Celanova. Alí, os veciños e veciñas poderán coñecer de primeira man o traballo das entidades que axudan a enfermos de diferentes patoloxías.

A programación continuará durante a fin de semana, xa que o sábado, 21 de setembro, haberá unha competición de deportes de raqueta nas canchas da Solaina, a partir das 11.30 horas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.