PUBLICIDADE

Barbadás ofrece unha xornada formativa sobre a lei de protección dos animais

PorBisbarra

Venres, 24 Xaneiro 2025 ,
Na charla sobre protección dos animais participaron membros da Policía Local, Protección Civil, Seprona e asociacións animalistas.Na charla sobre protección dos animais participaron membros da Policía Local, Protección Civil, Seprona e asociacións animalistas.

O Concello de Barbadás ofreceu unha charla sobre a Lei de protección dos dereitos e benestar dos animais (LPDBA). A xornada estivo organizada pola Asociación de propietarias/os de mascotas de Ourense (APMOU).

As poñentes foron Carmen Eiró, fiscal de Medio Ambiente, e Aline Castro, avogada especialista no ámbito. Así pois, trataron casos prácticos e aclararon as dúbidas dos asistentes. Na xornada participaron membros da Policía Local, Protección Civil, Seprona e asociacións animalistas como ALMA e Vibrisas.

O concelleiro Dani Rey salientou o valor destas accións para impulsar o programa CER (Castración-Esterilización-Retorno) e a xestión de colonias felinas. Pola súa banda, a tenente de alcalde, Victoria Morenza, destacou o esforzo do Concello por situarse como referente en benestar animal. Así mesmo, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu a colaboración desinteresada do voluntariado e das poñentes, reforzando o compromiso de Barbadás coa protección animal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.