PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Barbadás rexistra 142 novas vías no seu rueiro

PorBisbarra

Mércores, 18 Decembro 2024 , , ,
A actualización do rueiro permite homoxeneizar os datos nas institucións e administracións.A actualización do rueiro permite homoxeneizar os datos nas institucións e administracións.

O Concello de Barbadás rematou os traballos de actualización do rueiro municipal, unha iniciativa desenvolvida en coordinación coa Base de Datos Catastral. Este proxecto, que foi acordado en pleno no ano 2008, permitirá unha total sincronización entre os datos do Padrón de habitantes do Concello e a información rexistrada na Base de Datos Catastral.

Ademais, este traballo servirá para incluír a referencia catastral de cada un dos inmobles existentes nos datos do Padrón de habitantes, mellorando así a precisión e a fiabilidade da xestión administrativa.

O Goberno local salienta que son moi poucos os concellos na provincia de Ourense que teñen realizado un labor desta magnitude. Como parte do proxecto, déronse de alta un total de 142 rúas novas que non estaban rexistradas e modificáronse 7.646 números de acceso en todo o municipio, é dicir, números asignados aos edificios para identificalos na vía pública.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Actualmente, o Concello de Barbadás conta cun total de 518 rúas e 26 entidades poboacionais. Na zona urbana existen 3.530 parcelas edificadas, 17.892 bens inmobles e 5.700 parcelas sen edificar. Por outra banda, na zona rústica hai un total de 26.124 parcelas.

Os traballos foron executados por unha empresa especializada neste tipo de tarefas, en estreita colaboración cos departamentos de Padrón e Urbanismo do Concello de Barbadás, así como coa Xerencia do Catastro de Ourense.

Con esta actuación, o Concello de Barbadás sitúase á vangarda da modernización administrativa, garantindo un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades da cidadanía.

“Este novo rueiro supón a actualización a todos os niveis, dado que ao comezar polo Concello chega por derivación ao resto, como o Catastro ou Correos”, explicou a tenente alcalde, Victoria Morenza. Os arquivos actualizados xa foron enviados ó Catastro, que vai ter “un rueiro real, actualizado e, sobre todo, conectado co do Concello para evitar os moitos erros que se tiñan detectado ata o de agora”, detallou a edil. Actualízanse así os nomes das rúas e os números reais de cada edificio, homoxeneizando os datos en todas as institucións e administracións.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.