PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Barbadás solicita a actualización do equipamento de Protección Civil e Policía Local

O alcalde de Barbadás e concelleiro de Emerxencias reuníronse co director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta.O alcalde de Barbadás e concelleiro de Emerxencias reuníronse co director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, visitaron a sede da Dirección Xeral de Santiago de Compostela. Alí mantiveron unha reunión co director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas.

No encontro tratáronse diferentes asuntos que afectan aos servizos municipais de Protección Civil e Policía Local. Así, os representantes municipais solicitaron a actualización do seu material e equipamento para facer fronte ás emerxencias, debido ao gran volume de intervencións que realizan ambos grupos.

Unha das necesidades trasladadas foi a dotación de novos vehículos a ambos servizos. Neste sentido, o director xeral de Emerxencias explicou as diferentes opcións dispoñibles para esta finalidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Outro dos asuntos tratados foi a cobertura das emerxencias no Concello de Barbadás, que actualmente asume o servizo municipal de emerxencias, os bombeiros do polígono e o GES do Pereiro de Aguiar. Así pois, os representantes locais e autonómico coincidiron en que o futuro pasa polas comarcalizacións dos parques de bombeiros das capitais.

INCLUSIÓN DA POLICÍA LOCAL NA REDE TETRA DE COMUNICACIÓNS

A rede TETRA de comunicacións tamén formou parte das conversas mantidas na reunión na sede da Dirección Xeral de Santiago. Trátase dunha rede dixital de comunicacións que actualmente xa utiliza o servizo de Protección Civil e que se pretende ampliar á Policía Local.

Para este fin, os responsables municipais farán as xestións oportunas ante a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e a empresa pública RETEGAL para proceder a unha implantación progresiva deste sistema nos corpos de seguridade e emerxencias municipais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.