PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Boqueixón investirá case 70.000 euros na mellora dos accesos a Loureda

Acceso a Loureda en Boqueixón Acceso a Loureda en Boqueixón

A empresa Obras y Viales de Galicia SL será a encargada de acometer os traballos de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, no Concello de Boqueixón. Cun presuposto de 68.906,12 euros, os accesos “contarán cunha zona formigonada de 480 metros cadrados, así como unha cuneta formigonada de 205 metros, con recollida de augas pluviais. Ademais, melloraremos con tratamento asfáltico a pista de acceso”.

Así explicaba a intervención o alcalde, Ovidio Rodeiro, que asistiu ao acto de replanteo dos traballos. Cabe destacar que, a maiores, aproveitarase a intervención para limpar as gabias e salvagabias e tamén para instalar tres sinais de Stop.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.