O vindeiro luns darán comezo os traballos de dragaxe en dúas zonas do porto de Cariño. Esta operación moi demandada conta coa colaboración da Consellería do Mar e Portos de Galicia.
O proxecto consistirá na extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area na zona da rampla e os peiraos de atraque comercial interiores. Esto mellorará o acceso ás embarcacións e da veciñanza que queira chegar a elas.
Esta intervención ,comprometida pola Consellería do Mar, conta cun orzamento de 677.000 euros. Trátase da última das obras programadas na zona portuaria de Cariño, tras as diferentes actuacións realizadas nos pasados meses. Máis en concreto, a limpeza do propio porto derivada do atraso técnico no proceso da licitación da dragaxe.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou a importancia do proxecto polo “gran impulso que supón para o porto, que a partir de agora será unha zona máis accesible”. A rexedora agradeceu á Xunta “a ambiciosa aposta pola nosa localidade, motivada polo diálogo continuo do equipo de goberno coas institucións”.