O tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, e o concelleiro de Servizos, José Tomé, reuníronse coa asociación veciñal de Santa Icía. Como cada venres, avaliaron as actuacións levadas a cabo ao amparo do plan de barrios.
Ao abeiro deste plan, rozáronse máis de 13.500 metros das zonas verdes, así como o arranxo do pavimento duro. Segundo o concelleiro, as rozaduras seguen sendo unha das principais actuacións demandadas pola veciñanza. Por iso, o plan de barrios centrouse no acondicionado as cunetas de cara á temporada de chuvias.
Ademais, executáronse tarefas de poda tamén no parque Bruquetas e na zona verde O Espiño, mellorando a imaxe e o estado das árbores e macizos arbustivos.
Así mesmo, procedeuse ao mantemento de áreas infantís de xogo, biosaudables e de exercicio ao aire libre. Neste senso, eliminouse o óxido de varios elementos de xogo para o posterior pintado.
O servizo de limpeza de Urbaser centrou as súas actuacións na estrada da Pallota, nas inmediacións do local social e no parque de Santa Icía, así como na zona de O Castro, Penelas e Pousada. Ademais, procedeuse á limpeza de colectores de lixo de todo o barrio.