PUBLICIDADE

Cariño estrea nova páxina web, máis accesible e moderna

PorBisbarra

Martes, 18 Novembro 2025 ,
A nova versión da páxina web de Cariño xa está dispoñible para as persoas usuarias.A nova versión da páxina web de Cariño xa está dispoñible para as persoas usuarias.

O Concello de Cariño presentou a nova versión da páxina web municipal. Trátase dunha plataforma completamente renovada que destaca polo deseño moderno, limpo e adaptado á identidade local. O obxectivo principal é poñer a disposición da cidadanía e as persoas que visitan o municipio unha ferramenta máis útil, visual e fácil de utilizar. Esta nova versión da páxina web xa está dispoñible para todas as persoas usuarias.

A web incorpora un deseño adaptativo que se axusta de forma automática a calquera dispositivo, mellorando a experiencia de navegación. Ademais, a estrutura do menú principal simplificouse para organizar la información dun xeito máis claro e intuitivo.

Na páxina de inicio pódense consultar directamente as noticias más recentes, así como la axenda cultural e deportiva. Na parte superior incorporáronse accesos directos á Sede Electrónica e ás Analíticas da Auga, axilizando os trámites máis habituais e o acceso a servizos esenciais.

PUBLICIDADE

O apartado ‘Concello’ reúne toda a información institucional do municipio. Pola súa parte, a área de ‘Normativa’ facilita a consulta de toda a documentación reguladora do Concello, permitindo atopar de xeito sinxelo a información necesaria.

A sección de ‘Servizos’ agrupa as principais áreas municipais. Cada una delas dispón dunha ficha específica que recolle información útil e datos de. En ‘Actualidade’ inclúense noticias de interese para o municipio e a axenda de actividades.

Un dos cambios máis significativos é a integración da área de ‘Turismo’ dentro da propia web municipal. Ata agora a información turística aloxábase nunha páxina externa. Este apartado reúne información sobre recursos naturais, rutas, patrimonio, praias, gastronomía e outros contidos turísticos de Cariño.

Finalmente, o apartado de ‘Contacto’ ofrece todas as vías oficiais para comunicarse co Concello e un formulario para enviar consultas directamente dende a web.

Con este redeseño, a nova web municipal unifica todos os contidos nun espazo máis atractivo, visual e funcional, dando resposta a unha das prioridades do actual equipo de goberno, liderado pola alcaldesa Ana María López.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.